logo

Group of Environmental Biotechnology

Universidade de Santiago de Compostela

Universidade de Santiago de Compostela Campus Vida Cretus
logo

Group of Environmental Biotechnology

Universidade de Santiago de Compostela

You are here

3rd Summerschool (2nd Edition): "Innovative technologies for urban wastewater treatment plants". 28th June-4th July. School of Engineering (ETSE)



3rd Summerschool (2nd Edition): "Innovative technologies for urban wastewater treatment plants". 28th June-4th July. School of Engineering (ETSE)

18 Jun 2012
Estudantes de once países participan na segunda edición da Escola de Verán da USC sobre tecnoloxías innovadoras para o tratamento de augas residuais urbanas. Summerschool.jpg Curso curto, intensivo e altamente especializado centrado nas tecnoloxías máis modernas que están emerxendo nos últimos anos no campo do tratamento das augas residuais urbanas. Así se define a segunda edición da Escola de Verán “Innovative technologies for urban wastewater treatment plants”, enmarcada dentro do proxecto Novedar_Consolider: ‘A depuradora do século XXI”, na que participan 24 estudantes procedentes de Universidades, Centros de Investigación e Empresas de once países de Latinoamérica, África do sur e Europa. A segunda edición deste curso celebrarase a partires do vindeiro xoves 28 de Xuño no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) co acto inaugural presidido polo reitor compostelán Juan Casares. Ata o 4 de xullo, día en que se clausura, presentarán as súas ponencias expertos de distintas universidades e centros tecnolóxicos. Esta segunda edición xurde tralo interese que espertou a edición celebrada no ano 2010, na cal participaron outros 24 estudantes de doutoramento (daquela procedentes de 14 países) e que valoraron de forma moi positiva as diferentes accións formativas incluidas (clases teóricas impartidas por investigadores sénior, sesións de discusión, actividades prácticas de laboratorio en plantas piloto, unha visita técnica e, ademáis, co apoio dunha plataforma de e-learning). De novo, a vertente máis práctica do curso desenvolverase na planta piloto sobre a que habitualmente traballa o Grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos da USC, responsable desta escola de verán. Dita planta piloto conta con equipos que reproducen os procesos industriais a estudar, así como laboratorios orientados á análise de augas e á ecoloxía microbiana. No desenvolvemento do programa académico atenderase aos procesos baseados en lodos granulares e biopelícula; eliminación de nitróxeno, fósforo e microcontaminantes; eliminación de compostos orgánicos e cheiros presentes en emisións gaseosas; aproveitamento de recursos presentes nas augas residuais (biogás, bioplásticos); ou o desenvolvemento de novas tecnoloxías que melloran o coñecemento e xestión das plantas de tratamento de augas.