O Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (GI-1613) da Universidade de Santiago de Compostela (Figura 1) comezou a súa actividade en 1985, centrándose principalmente, en dúas liñas de investigación:
• Xestión e tratamento de efluentes industriais e urbanos
• Aplicación e produción de enzimas ligninolíticas
Ambas liñas desenvolvéronse en paralelo dando lugar a multitude de proxectos e contratos específicos. Vinte anos despois, as palabras crave seguen sendo: "Bio", "Ambiente" e "Enxeñería", aínda que as súas liñas de investigación evolucionaron de acordo cos obxectivos alcanzados e as novas tendencias en investigación
O Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (GI-1613), coordinado polo Prof. Gumersindo Feijoo, está composto por 17 profesores (2 profesores eméritos, 6 catedráticos, 6 profesores titulares, 3 profesores axudante doutor), 4 investigadores posdoutorais, 3 técnicos de laboratorio, 1 responsable tecnolóxico, 1 administrativo e 1 responsable de comunicación, máis de 25 doutorandos, estudantes de universidades estranxeiras que realizan proxectos ou estadías de 3 a 6 meses e máis de 10 estudantes de máster cursando o seu traballo fin de máster.
Misión e Visión do Grupo
A Misión A Misión é Xerar, difundir e transferir coñecemento científico e tecnolóxico de calidade e formar persoal investigador comprometido co desenvolvemento sustentábel da sociedade, promovendo sinerxías nun entorno ético, humano e estimulante. A Visión es ser recoñecido a nivel internacional pola calidade da súa investigación, colaboración internacional, formación, innovación e transferencia de tecnoloxía.
Antecedentes científicos
No últimos cinco anos (2020-2024), o Grupo acadou 24 proxectos de investigación nacionais e 15 europeos, 9 rexionais, así como a participación en 7 redes, unha delas coordinada. Tamén logrou 38 contratos con empresas, o que supón unha media de 1,44 millóns de euros aproximadamente (excluídos os salarios do persoal permanente). A súa produción científica no período 2020-2024 pódese resumir en 28 teses doutorais defendidas e un total de 332 publicacións internacionais das cales 293 son SCI, destas o 80% figuran en revistas situadas no primeiro cuartil do ránking SCI, 54 capítulos de libro e 4 libros. Así mesmo presentáronse 171 comunicacións en congresos, 146 internacionais..
Plan Estratéxico:
Biogroup Strategic Plan 2025-2028 (NOVO)
Biogroup Strategic Plan 2021-2024
Datos
Recursos financeiros. Evolución dende 2013-2016 ata 2017-2020
Porcentaxe de artigos publicados en revistas do primeiro cuartil (1T) de 2010 a 2020
Porcentaxe de artigos de BioGroup publicados en revistas no primeiro decil (D1) e no primeiro centil (TOP 1) de 2010 a 2019
Actividade financiada polo Convenio de Colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e a USC para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i.