Ofrécese un contrato de investigación para desenvolver unha tese de doutoramento no Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogroup) no Centro de Investigación CRETUS da Universidade de Santiago de Compostela no marco do proxecto NUTRITIVE (programa Horizon Europe).
NUTRITIVE é un ambicioso proxecto da convocatoria HORIZON-CL6-2023- ZEROPOLLUTION-02 con 22 socios internacionais (España, Francia, Alemaña, Bélxica, Holanda, Portugal, Irlanda, Italia, China) coordinado por MEDRAR Smart Solutions, S.L. O proxecto ten como obxectivo traducir os desafíos actuais asociados á xestión do esterco en recomendacións políticas e directrices técnicas para a implementación de solucións ad hoc sostibles e rendibles para sistemas gandeiros.
A persoa contratada traballará na área de eliminación de contaminantes emerxentes durante a dixestión anaeróbica de residuos gandeiros dirixida pola profesora Marta Carballa do Departamento de Enxeñaría Química (CRETUS, USC). realizar estadías de investigación nas distintas institucións do consorcio. O contrato comezaría cun período de proba de 6 meses seguido dun contrato de formación investigador de 3 anos.
Breve descrición do traballo
- Caracterización dos residuos gandeiros en canto aos contaminantes emerxentes.
- Optimización da dixestión anaeróbica dos residuos gandeiros por temperatura para maximizar a eliminación de contaminantes emerxentes.
- Optimización da dixestión anaeróbica dos residuos gandeiros mediante a adición materiais carbonatados para maximizar a eliminación de contaminantes emerxentes
Requisitos
- Máster en enxeñaría química ou ambiental, ciencias ambientais ou similar, e presentar unha formación adecuada en tratamento biolóxico de augas residuais e, en especial, de residuos sólidos.
- Claro interese por desenvolver unha carreira profesional investigadora que culmine coa realización dunha Tese de Doutoramento.
- Bo nivel de inglés.
- Dispoñibilidade para viaxar para asistir a reunións ou congresos do proxecto.
As persoas interesadas deberán enviar as súas solicitudes a marta.carballa@usc.es (indicando no asunto do correo electrónico “Contrato NUTRITIVE”) antes do 21 de xuño de 2024 ás 14:00 horas.
