Parabéns a Jorge González-Rodríguez pola defensa Doutoral que tivo lugar o pasado 27 de maio no salón de actos da ETSE. O seu traballo titulado Conceptual design, operation and scale-up of photocatalytic processes integrating magnetic nanocomposites for the removal of micropollutants in wastewater” foi supervisado pola profesora Maite Moreira e o profesor Gumersindo Feijoo.
A tese presentada polo enxeñeiro químico e ambiental centrou o estudo na eliminación de microcontaminantes das augas residuais mediante o desenvolvemento de sistemas de tratamento innovadores que empregan nanopartículas con propiedades fotocatalíticas, abordando dende a escala laboratorio ata probas en plantas piloto.
Moitos parabéns!